Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

xoves, 6 de xuño de 2013

Maratón Cultural 2013

         O Maratón Cultural deste ano resultou todo un éxito. Isto foi posible grazas á participación e ao entusiasmo do alumnado participante, así como á colaboración entre o profesorado involucrado.
           No concurso participaron sete grupos de diferentes niveis ao longo de dous recreos. Na primeira sesión do concurso, tiveron lugar dúas probas simultaneamente. Unha delas consistía na busca de fondos a través das etiquetas identificativas, do título ou do autor dos fondos; a outra proba trataba de atopar as respostas a través da internet sobre unha serie de preguntas relacionadas co homexaneado das Letras Galegas, Roberto Vidal Bolaño.
           Na segunda sesión do concurso, todos os grupos participaron ao mesmo tempo nun "Trivial" de cultura xeral.


         Por certo, na foto anterior, podedes observar que  dúas alumnas levan prendas ao revés xa que participaron nunha fermosa iniciativa promovida por diferentes ONG o 24 de maio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario