Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

Amosando publicacións coa etiqueta premios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta premios. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de xuño de 2012

Choiva de premios na biblioteca

O pasado venres 22 de xuño fixemos entrega dos premios aos últimos concursos convocados no noso centro e coa colaboración da biblioteca. Deixámosvos aquí unha reportaxe fotográfica do acontecido e seguidamente o poema premiado no V Certame Literario do IES de Ponteceso, de carácter comarcal,  que recaeu en mans dunha rapaza que cursa 4º de ESO no IES Alfredo Brañas de Carballo. Parabéns a Mª Belén Trigo e ao resto de gañadores.

Entrega de premios no IES de Ponteceso on PhotoPeach

EU SON GALICIA! ( por Mª Belén Trigo)

Eu son a letra que recorre
unha folla en branco.
Eu son a que voa no vento
a que se agocha no bosque.

Eu son a nai de todos vós,
son o pai de todos aqueles
que se refuxian no meu interior.

Nacín coa beleza dunha snhor
e morrerei cando xa non teña voz;
Nacín no peirao,
morrerei no último barco.

Ao anoitecer escoitarasme gritar
no fondo do val e verás
as lámpadas da Santa Compaña
que a miña cara iluminarán.

Pola noite o ouveo do lobo
cara a lúa colgada no ceo;
escoitarase a música do trabador do noso reino.

Verás o sol baña-lo bosque; nacerá
un desexo no teu peito, latexando forte;
Así, con cada latexo escoitarásos meus soños tintados de verde.

Eu son unha nena, son un vello
son un vento do norte
son a chuvia do ceo
son un bico nun muíño
son un "si quero"
son un soño, un desexo...

Un corazón son

Eu son Galicia!...





luns, 21 de maio de 2012

Premios do Maratón


Xa temos premios e flamantes premiados  nesta edición do Maratón Cultural do instituto.
Como boa competición, estivo a cousa disputada ata o final pero aquí temos os gañadores:

1º Premio:   DANDELION con 49’5 puntos
2º Premio:  LANGARANGALOS con 48’5 puntos
3º Premio:  BUTTERFLY con 48’25 puntos
Parabéns a todos os participantes que fixestes  que a biblioteca fervera nestas últimas semanas. Preparádevos para a próxima edición e moitas grazas por toda a ilusión que puxestes no concurso.

Os gañadores recibiredes os vosos premios nun  evento especial que estamos preparando para finais de curso. 
NORABOA !!!!!

martes, 3 de maio de 2011

Entrega Premios MARATÓN CULTURAL

Aquí tendes a “proba do delito”, é dicir, por pasarse 4 semanas investigando estes rapaces e rapazas conseguiron o que se merecían que foi, nin máis nin menos,que uns cantos cartiños e uns vales para comprar material escolar nunha librería da zona.
Esperamos poder "castigarvos" tan duramente o ano que vén nunha nova edición do concurso.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a slideshow design