Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

martes, 1 de marzo de 2011

MARATÓN CULTURAL

Xa empeza a conta atrás para o mágnífico Maratón Cultural organizado pola biblioteca.O concurso comezará o día 14 de marzo coincidindo coa Semana Cultural do instituto e rematará 4 semanas despois. Por se non vos chegou a información aquí tedes as bases.
A que estades esperando?
APUNTÁDEVOS NA BIBLIOTECA!!!!

maratón cultural

domingo, 20 de febreiro de 2011

Concurso de marcapáxinas,exposición e premiados


Noraboa a todos os participantes!!!. Aínda que había moi bos traballos, desgraciadamente non podemos premiar a todos, pero pasámolo moi ben e agardamos que vós tamén intentando namorarnos coas vosas enxeñosas propostas.
Aquí tedes as fotos da exposición e dos gañadores.



martes, 25 de xaneiro de 2011

NAMÓRAME: Concurso de "marcapáxinas"

Un ano máis recibimos o Día dos Namorados cunha idea orixinal: queremos decorar a biblioteca cunha chuvia de "marcapáxinas" que leven unha mensaxe de amor.
Ti tamén podes namorarnos coa túa proposta. Velaiquí tes as BASES do concurso.
namórame

domingo, 23 de xaneiro de 2011

30 de xaneiro: Día da Paz

Con motivo do día da paz o noso centro quere aportar un pequeno gran de area cunha exposición dos libros máis relevantes cos que contamos entre os nosos fondos relacionados co tema xunto cunhas breves recensións sobre eles para intentar concienciar á nosa comunidade da importancia que un mundo en paz ten para o normal desenvolvemento da nosa sociedade.
Celebramos este acontecemento o día no que un dos maiores pacifistas do mundo Mahatma Gandhi foi asasinado por un fanático hinduísta. Acompañamos este texto cun vídeo que o Seminario Galego de Educación para a Paz fixo para celebrar o seu 25 aniversario no 2010 e unha curta de ficción “POR NADA” premiada en moitos festivais sobre o tan importante tema do “ciberacoso” .


domingo, 2 de xaneiro de 2011

Os olores de nadal: PREMIOS

Velaiquí tedes as fotos cos premiados polas espléndidas descricións que realmente nos transportaron aos arrecendos destas datas. Mariña Abella de 2º Bac. co seu fermoso conto, Ángel Blanco de 1º da ESO coa súa simpática rima, Dina Souto de 1º de Bac coa súa tenra descrición e todos os rapaces e rapazas que axudaron a construír unha árbore tan olorosa fixéronnos un pouco máis felices.



mércores, 29 de decembro de 2010

Un rato de biblioteca moi especial

A falta de recursos realmente aguza o enxeño, e este vídeo é unha boa proba de como a cultura pode chegar a todas partes cunha pinga de solidaridade e intelixencia. Ver para crer.

xoves, 2 de decembro de 2010

OS OLORES DE NADAL

Axiña chega o Nadal , xa parece que arrecende a vieiras, ameixas, doces, polvoróns ou a ese asado que tan ben lle sae a mamá-ou a papá; se cadra o que ule é o papel de envolver os agasallos, ou o viño que caeu no mantel, ou a cera das candeas que poñemos para decorar a mesa. Non sei, ¿por que non nolo contas?. Na biblioteca tamén queremos ser parte desta festa e queremos que nos adornes a nosa particular árbore de Nadal. ven á biblio, colle unha bola de papel e segue as insrucións que aquí tes. A escribir e... moita sorte.
Os Olores de Nadal

domingo, 28 de novembro de 2010

Fotos das lecturas contra a violencia de xénero

Velaquí tedes as fotos das lecturas que o pasado 25 de novembro realizamos no corredor ao lado da biblioteca sobre este terrible tema. Queremos dar as grazas aos rapaces que participaron pola súa boa actuación e por contribuír á concienciación sobre esta lacra na nosa comunidade escolar. Grazas tamén aos que se achegaron a escoitar os relatos e aos que amosaron algún interés polos libros que formaron parte destas emotivas lecturas. Mantemos a esperanza de ter aportado un pequeno gran de area para que estas actitudes desaparezan da nosa sociedade.