Axenda cultural do IES Ponteceso

Axenda cultural do IES de Ponteceso

Benvidos ao noso blog co que intentaremos achegarvos á actividade cultural dende o noso centro.

venres, 11 de outubro de 2013

PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2013



A escritora canadense Alice Munro, considerada unha das voces máis importantes da literatura en lingua inglesa, converteuse na gañadora do Premio Nobel de Literatura 2013. A Academia Sueca definiu a Munro como a "mestra do relato curto contemporáneo" e destacou que é coñecida polo seu "harmonioso estilo de relatar, que se caracteriza pola súa claridade e realismo "psicolóxico"
Desde a nosa biblioteca sumámonos os PARABÉNS!!!!



xoves, 10 de outubro de 2013

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º E 2º DE ESO

O PRÓXIMO XOVES 17 DE OUTUBRO CELEBRARASE NA BIBLIOTECA A PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º E 2º DE ESO. NESTA REUNIÓN ESCOLLEREMOS O PRIMEIRO LIBRO DE LECTURA. RAPACES E RAPAZAS ESTADES TODOS CONVIDADOS!!!

mércores, 2 de outubro de 2013

CLUBS DE LECTURA

HOXE CELEBROUSE A CHOCOLATADA QUE DÁ INICIO AOS CLUBS DE LECTURA DESTE CURSO. AO IGUAL QUE OS OUTROS ANOS FOI TODO UN ÉXITO, SOBRE TODO COA INCORPORACIÓN DOS MÁIS CATIVOS, OS RECÉN CHEGADOS A 1º DA ESO!!!





luns, 30 de setembro de 2013

CLUBS DE LECTURA

http://loquesecompra.com/wp-content/uploads/2012/02/Los-mejores-libros-de-ficcion-2012.jpg



Este mércores celebrarase unha chocolatada na biblioteca para inaugurar os clubs de lectura deste curso. Esta actividade vense levando a cabo durante os últimos anos e é todo un éxito entre o alumnado. Outro ano máis estades todos e todas invitadas a un chocolate ben quentiño e sobre todo a falar do pracer que produce a lectura!!!!

luns, 23 de setembro de 2013

OUTONO


http://escritoras.com/wp-content/uploads/2013/09/780x300xxxv-feria-libro-otono-ocasion.jpg.pagespeed.ic.faxXWQSW9p.jpg


Comezan as clases e con elas chega o outono, tempo de choiva e vento!!! Nestes días escuros e de follas que aloumiñan o chan un bo libro é un refuxio no que resgardarse!!! Xa sabedes a lectura fáravos libres!!!

 

martes, 17 de setembro de 2013


Comeza outro curso e con el novas ilusións!!! Desde a Biblioteca do IES de Ponteceso damos a benvida a todos os novos alumnos e alumnas e tamén animamos ós alumnos dos outros anos a que continúen facendo da biblioteca un recinto de animación e dinamización cultural no noso centro!!

 

http://files.contosdeferreira.webnode.pt/200000023-5de2c5edc9/livro-magico.jpg

luns, 17 de xuño de 2013

Mural sobre "Defender la alegría"

Como remate final a este ano de lecturas, amosámosvos a versión realizada polo club de lectura de 4.º da ESO sobre o poema "Defender la alegria" de Mario Benedetti. Velaquí o mural, que tamén o podedes atopar na biblioteca: 

luns, 10 de xuño de 2013

"Defender la alegría"

   Neste trimestre, os integrantes do club de lectura de 4.º da ESO sumerxíronse no mundo da poesía a través de diferentes autores. 
   Para finalizar este ano de lecturas e chocolates, Emma Abella, profesora de Lingua Galega do noso centro, organizou un obradoiro literario cuxo froito amósase na seguinte presentación.
   (Recoñecemos que tamén intentamos compoñer palíndromos poéticos pero nos resultou  complicado!!!).

xoves, 6 de xuño de 2013

Maratón Cultural 2013

         O Maratón Cultural deste ano resultou todo un éxito. Isto foi posible grazas á participación e ao entusiasmo do alumnado participante, así como á colaboración entre o profesorado involucrado.
           No concurso participaron sete grupos de diferentes niveis ao longo de dous recreos. Na primeira sesión do concurso, tiveron lugar dúas probas simultaneamente. Unha delas consistía na busca de fondos a través das etiquetas identificativas, do título ou do autor dos fondos; a outra proba trataba de atopar as respostas a través da internet sobre unha serie de preguntas relacionadas co homexaneado das Letras Galegas, Roberto Vidal Bolaño.
           Na segunda sesión do concurso, todos os grupos participaron ao mesmo tempo nun "Trivial" de cultura xeral.


         Por certo, na foto anterior, podedes observar que  dúas alumnas levan prendas ao revés xa que participaron nunha fermosa iniciativa promovida por diferentes ONG o 24 de maio.

martes, 14 de maio de 2013

Actividades Culturais no IES de Ponteceso

   Este ano co gallo das Letras Galegas dedicadas a Roberto Vidal Bolaño, no IES de Ponteceso estanse a celebrar diferentes actividades culturais no salón de actos.
  •  O luns 13, o alumnado de 4.º da ESO asistiu a un encontro con Guillermo Escrigas, director do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). 
  • O martes 14, o alumnado de 1º, 2.º, 3.º, 4.º da ESO e 1.º de bacharelato asistirán a un obradoiro científico organizado pola Fundación Barrié.
  •  O mércores 15, o alumnado de 3.º ESO e de 1.º de bacharelato acudirán ao Teatro Colón de A Coruña para ver a obra As marxes da desgraza baseada en fragmentos de obras de Roberto Vidal Bolaño. A obra estará representada polo Laboratorio Teatral

   Pola outra banda, dende o equipo de Biblioaponte, organizamos un Maratón Cultural cuns premios "anticrise". 
   Debedes formar un equipo 2, 3 ou 4 persoas e darlle un nome orixinal. Despois, vinde a apuntarvos á biblioteca. 
   O concurso terá lugar nos recreos da próxima semana (20 ao 24 de maio). Estará baseado nunha serie de preguntas relacionadas coa biblioteca, co homenaxeado Roberto Vidal Bolaño e coa cultura xeral.